Compostela, Galiza, 1981
Formada en Comunicación Audiovisual e Filosofía, en 2009 trasládase a Londres a completar a súa formación na UAL (University of the Arts London). Cursa un Master en Fotografía Documental e Fotoperiodismo que lle cambia a perspectiva e a forma de traballar, dende entón máis colaborativa e experimental. En Londres somérxese en proxectos artísticos colectivos que intensifican a súa actividade fotográfica e orixinan unha nova etapa cargada de enerxía e de inspiración. Desenvolve proxectos que combinan unha base documental cunha aproximación conceptual da realidade. Destaca a súa exposición Fridges no Cuming Museum de Southwark en Londres e a súa participación en Right before our eyes no Festival Fotoweek DC en Washington co seu traballo In Sight sobre invidentes nun hospital de Gabón. Finis Terre é un dos seus traballos máis significativos, onde fotografía e son se fusionan nunha instalación elaborada en conxunto con Marc Bonet na galería Espacio 48 de Santiago de Compostela. Objects in mirror are closer than they appear, instalación realizada xunto con Maria Chenut, artista residente en San Francisco, representa unha das súas últimas colaboracións e de máis éxito.
Ten publicado fotografías en Colors, Luzes, ABC, El País ou La Voz de Galicia, entre outros.
http://martamoreiras.wordpress.com/