AVISO LEGAL

 

 

AVISO LEGAL

territorioexpandido.com é un sitio web producido e albergado por Disigna Edenia SL en www.edenia.org e participa de idéntico marco legal de uso e que se expón a continuación.

Disigna Edenia SL con domicilio na rúa Bedoya 5, 1º dta. 32004 Ourense, con CIF B32407918, representada por Xosé Lois Vázquez con NIF 34905059Y pon a disposición pública no seu sitio web con dominio edenia.org e no aloxamento con subdominios como territorioexpandido.edenia.org e redireccións ao mesmo dende o dominio territorioexpandido.com determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de Disigna Edenia SL citado por parte dos USUARIOS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expóñense ao USUARIO no sitio web edenia.org en todas e cada unha das páxinas incluindo territorioexpandido.com e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que se produza esta aceptación.

Disigna Edenia SL está inscrita no Rexistro Mercantil de Ourense no 29 de xuño de 2010. Tomo 805, libro 0, folio 85, folla OR-12654, inscrición 1.

O acceso ao sitio web de Disigna Edenia SL e polo tanto a territorioexpandido.com implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que no mesmo se ofrecen para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

 

PRIMEIRA – CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

1.1. A utilización do sitio web de Disigna Edenia SL e territorioexpandido.com non ocasiona a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO, a non ser que este USUARIO desexe utilizar a base de datos de artigos existentes en edenia.org onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico; esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos e intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual etc.

Expresamente Disigna Edenia SL prohibe os seguintes:

1.1.1. Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo, por calquera medio, calquera tipo de dano aos sistemas de Disigna Edenia SL ou a terceiros.

1.1.2. Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos (spaming) ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (mail bombing).

1.2. Disigna Edenia SL poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detectara un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais –ver cláusula quinta.

 

SEGUNDA – CONTIDOS

Os contidos incorporados neste sitio web incluindo territorioexpandido.com foron elaborados e incluídos por:

2.1. Disigna Edenia SL utilizando fontes internas e externas de tal xeito que Disigna Edenia SL unicamente se fai responsable polos contidos elaborados de forma interna.

2.2. Disigna Edenia SL resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

 

TERCEIRA – DEREITOS DE AUTOR E MARCA

Disigna Edenia SL é unha marca rexistrada. Queda prohibida a utilización allea por calquera medio da marca de Disigna Edenia SL, que inclúe tanto o nome coma o logotipo, salvo consentimento expreso de Disigna Edenia SL. Quedan reservados todos os dereitos. Ademais, o sitio web de Disigna Edenia SL –os contidos propios, a programación e mais o deseño do sitio web– encóntrase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso de Disigna Edenia SL.

 

CUARTA – XURISDICIÓN E LEI APLICABLE

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Ourense, renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

 

QUINTA – En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade da mesma das presentes condicións. Disigna Edenia SL poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non ocasionará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de Disigna Edenia SL.

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estas á dar o teu consentimento e a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema naligazón para maior información.

ACEPTAR