Paulo-Catrica
Paulo Catrica
4 abril, 2016
daniel-diaz-trigo
Daniel Díaz Trigo
4 abril, 2016

Caixas de música

LUIS
DÍAZ DÍAZ

A Coruña, Galiza, 1978


Fotógrafo e editor. Colabora habitualmente con revistas internacionais, institucións, estudos de arquitectura e axencias de publicidade. Entre os seus clientes destacan La Fábrica, ARCOmadrid, BAP Conde, o Instituto Europeo di Design ou a revista Monocle.

Dende hai tres anos, imparte clases no Máster en Fotografía de Autor da Escola Lens (Madrid) e, esporadicamente, workshops na Universidade Europea de Madrid e no IED.

A súa obra foi exposta en galerías e centros de arte de España e do extranxeiro a título individual e como parte do colectivo Todo por la Praxis con quen recibiu en dúas ocasións as axudas convocadas polo centro Matadero de Madrid para a realización de proxectos artísticos.

É fundador e co-editor do blogue 30y3 –spanish photography now adicado á difusión da fotografía española contemporánea. A través desta plataforma, comisariou xunto a Charlotte Cotton a exposición «P2P – Prácticas contemporáneas na fotografía española», incluída dentro do programa oficial do festival Photoespaña 2014.

Recentemente publicou o seu primeiro libro, A casa do Óscar, a través da editorial Fabulatorio.

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estas á dar o teu consentimento e a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema naligazón para maior información.

ACEPTAR