silas-de-paula
Silas de Paula
4 abril, 2016
sandra-rocha
Sandra Rocha
4 abril, 2016

Rururbania Salnés
Premio Galicia de Fotografía contemporánea 2014

JOSE
ROMAY

Pontevedra, Galiza, 1978

Estudou fotografía na Escola Superior de Deseño e Arte Antonio Faílde de Ourense e Belas Artes na Universidade de Vigo, Pontevedra.

Traballou con y/o para La Voz de Galicia, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra e publicou o seu traballo documental en diversas revistas nacionais e internacionais. Expuxo en numerosas mostras individuais e colectivas en toda Galicia, en Barcelona, Portugal e Brasil.

En 2009 publicou o libro No Grande Azul, documental sobre a vida e traballo da xente do mar.

En 2015 publicou o libro Rururbania Salnés, documental sobre a insana relación entre natureza e ser humano no Val do Salnés (Galicia).

Actualmente dedícase á realización de proxectos de longa duración, imparte obradoiros fotográficos e recibe determinados encargos comerciais.

Recibiu a bolsa fotográfica O Mar. Foi finalista nunha ocasión e gañador noutra do Premio Galicia de fotografía contemporánea. Recibiu a Axuda para a creación visual da VEGAP. Gañou o premio Imaxes con fondo. Foi finalista do certame A imaxe de Galiza, do certame Revela, Premio internacional de fotografía a los titulares de los derechos sociales e en dúas ocasións do certame Novos Valores. No ano 2014 recibe o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea na súa II edición, premio outorgado no marco do 32º Festival Outono Fotográfico.

A súa obra encóntrase nos fondos do Museo do mar de Galicia, nos fondos do festival Outono Fotográfico e en diversas coleccións particulares.

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estas á dar o teu consentimento e a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema naligazón para maior información.

ACEPTAR