Lugo, Galiza, 1971
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca.
Premiado na edición de 1995 no concurso da Dirección Xeral de Xuventude, obtivo o 1.º premio no Certame «Lugo urbano, Lugo rural», uns meses despois; tocou outros aspectos da fotografía, caso da súa exposición «A viaxe», que percorreu distintas salas galegas e que se converteu en libro co título En tránsito, editado cunha bolsa da Comunidade de Castela e León, na colección «Campo de Agramante».
No ano 2013 recibe o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea na súa I edición, premio outorgado no marco do 31º Festival Outono Fotográfico.