01_ALEXANDRE-ALMEIDA
Alexandre Almeida
3 marzo, 2016
03_Gentil-Barreira
Gentil Barreira
30 marzo, 2016

Llueven manchas de tiempo

CAR
LA

ANDRADE

Vigo, Galiza,1983.

Artista visual licenciada en Comunicación Audiovisual e estudante de filosofía. Realizou residencias artísticas en Islandia, Suecia, Bilbao, La Rioja, Nepal e Chile. Expuxo de forma individual no MAC (Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa) de A Coruña, o Colegio de España en París, a Galería Trinta en Santiago de Compostela, o CDAN (Centro de Arte y Naturaleza) en Huesca, a Casa das Artes en Vigo, a Fundación BilbaoArte ou a Galería Michel Mejuto en Bilbao, entre outros. De forma colectiva, o seu traballo mostrouse en centros de arte contemporánea como o Museo Guggenheim de Bilbao, o Marco de Vigo, o Museo del Traje de Madrid, o 104 de París, o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) en Santiago de Compostela, o King Juan Carlos I of Spain Center en Nueva York, o Museo de Pontevedra, o Museo de Lugo etc; en festivais de fotografía e cine como PhotoEspaña, Mois de la Photo (París), Encontros da Imagem (Portugal), Festival Internacional de Fotografía de Granada, Emergent (Lleída), Cineuropa, Filmadrid ou o (S8) Mostra de Cinema Periférico en A Coruña; e en galerías e institucións de países como EE.UU, Brasil, Chile, Rumanía, Suecia, Alemaña, Reino Unido, Francia, Portugal e España. Gañadora do Primeiro Premio de Artes Plásticas 2013 da Universidade Complutense de Madrid, Premio Artistas Emergentes Absolut Casa/Arte 2013, Premio Frac Vila de adquisición 2013 da Galería Luis Adelantado, Premio Mujeres-Foro-Dialogo Alliance Française / Pilar Citoler 2012, Premio de Fotografía Comunidad de Madrid SUMMA 2015 (accésit), Terceiro Premio Artes Joven Gobierno de la Rioja 2015, entre outros. Foi bolsada coas Axudas á Creación Joven de Injuve, a Fundación BilbaoArte, VEGAP ou a Bolsas de Creación Artística no Extranxeiro de Gas Natural Fenosa. Ademais, o seu traballo fotográfico e de colaboración en cine formou parte de múltiples publicacións e festivais tanto nacionais como internacionais.

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estas á dar o teu consentimento e a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema naligazón para maior información.

ACEPTAR