chico-gomes
Chico Gomes
4 abril, 2016
angela-moraes
Angela Moraes
4 abril, 2016

Le Cirque noir
Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2014

BER
TO

MACEI

Ourense, Galiza, 1979

Cun achegamento autodidacta ao medio fotográfico, Berto Macei finaliza posteriormente os seus estudos de Fotografía Artística na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense, ademais de complementar a súa formación con diversos cursos e obradoiros.

Utiliza a fotografía como un medio de expresión persoal, afondando nun documentalismo subxectivo que rexistra o mundo contemporáneo que o rodea. Un diario visual que configura como documento propio e que representa unha visión particular da realidade que transcende a mera enunciación de contidos tratando de ampliar os seus límites.

No ano 2014 recibe o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea na súa II edición, premio outorgado no marco do 32º Festival Outono Fotográfico. 

Participou en diversas exposicións e festivais entre os que destacan os Encontros da Imagen 2015 en Braga (Portugal) ou a 6ª International Triennial of Fine Arts de Istanbul, entre outras.

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estas á dar o teu consentimento e a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema naligazón para maior información.

ACEPTAR